
As súas labores sociais e reivindicativas determínanse pola participación de traballadores e traballadoras autónomos así como a confederación de asociaciacións e federacións sectoriais. Deste xeito conformamos unha unión de máis de 14.000 autónomos e autónomas de toda Galicia.
UATAE ten presenza en todo o país con sés permanentes a través das asociacións sectoriais integradas no seo de UATAE Galicia. Esta implantación, xunto á capacidade en liña da organización permétenos o exercicio da defensa dos autónomos en todo o territorio, así como a prestación integral dos nosos servizos de asesoría.
A participación e a coperación entre autónomos faise extensible a outros actores sociais e económicos, por iso mantemos convenios de colaboración con entidades empresariais, universidades, fundacións e administracións públicas para que repercuta no beneficio dos traballadores por conta propia e do emprendemento.